Share
31/01/2025 - 20:30h | Teatro Principal | Santiago de Compostela

Go Home

  • Etiqueta Negra Producciones

Go Home
Rede Galega de Teatros e Auditorios

Go Home conta a historia de David, un fanático do turismo que xa fixo todas as aventuras que as axencias lle podían ofrecer. Todas menos unha: unha viaxe sorpresa, a cegas, na que non sabe o que lle vai acontecer. A peripecia levaráo a pasar a noite no Cebreiro, comezando unha aventura na que gozará de emocións intensas, tales como a dúbida, o medo e a sorpresa.

Espectáculo dirixido por Tito Asorey e protagonizado por David Amor e Josito Porto, en asociación con grandes da dramaturxia como José Prieto, José Faro, Laura Iturralde, Patricia Ferreira e Xavier Porto. Trátase dunha comedia, comprometida coa realidade e cun elenco de luxo para tratar unha das temáticas máis de actualidade do momento: o turismo e a xentrificación.

Esta peza teatral observa a realidade, así como as súas problemáticas asociadas a Galicia, na procura dunha obra chea onde teñen cabida a reflexión, a diversión e a investigación escénica.