22/08/2024 - 18:30h
| Campo da Feira
| Carral
Glamping
Espectáculo de Novo circo a cargo de SU.MA

Cultura no Camiño
Tres amigos, tres personalidades, tres caracteres moi distintos embárcanse na aventura de pasar unhas vacacións xuntos. Pero a convivencia non sempre é cousa fácil. E os conflitos toman parte na escena cotidiá dos campistas.
Superarán os nosos personaxes o reto de compartir un espazo común con elegancia?
Que pasa cando se torcen as cousas?
"O roce fai o cariño", din...
Glamping é un espectáculo sobre as relacións humanas, onde calquera poderíamos ser ese personaxe en tensión, buscando a mellor maneira de resolver a situación.
Teatro xestual, música, acrobacia aérea, danza e swing en clave de clown. Cando parece que todo está perdido... a creatividade xurde abrindo un camiño inesperado.