03/07/2025 - 19:00h
| Praia fluvial de Tapia
| Ames
Ghop!
Teatro Ó Cubo

Cultura no Camiño
Ghop! vén de Hop! Que sería de nós sen a gheada para facer que esta palabra de ímpeto soe completa e a nosa querida “h” non fique muda como sempre?
Ghop! imprime con enerxía un espectáculo coa estética clásica dos circos ambulantes que no pasado percorrían as prazas dos pobos e aldeas. Os tres protagonistas, vestidos e caracterizados para a ocasión, aderezan con malabares, monicreques, acrobacias e pinceladas de maxia o show de variedades que esta compañía itinerante ofrece a un público desexoso de divertirse e participar.
Teatro Ó Cubo sae á rúa e completa o seu repertorio teatral para toda a familia.