Share
09/11/2024 - 20:00h | Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela | Cangas

As gardiás, ou o nó do tecelán

  • Estrea do novo espectáculo de Teatro de Ningures

As gardias
Rede Galega de Teatros e Auditorios

As gardiás ou o dereito a decidir como xestionar a nosa propia vellez

O humilde piso de Rosa, nun vello edificio no corazón dun barrio popular dunha vila obreira, é o refuxio acolledor dunha tribo de catro mulleres maiores organizadas. Rosa (que se topa nunha cadeira de rodas) e as súas compañeiras, Ana, Marga e Susana, son operarias xubiladas da industria téxtil, e están decididas a preservar a súa independencia. Cando a filla de Rosa, Vitoria, propón trasladala a unha institución médica e vender o apartamento, comeza unha loita entre dúas visións do ben envellecer. Enfrontadas ás decisións de Vitoria, as vellas mulleres defenden o seu dereito a vivir xuntas e en liberdade e artellan unha serie de estratexias para convencer a Vitoria  de que a súa é a postura mellor.

Función de estrea.