Share
15/02/2025 - 20:00h | Teatro Pastor Díaz | Viveiro

As gardiás

  • Espectáculo a cargo de Teatro de Ningures

As gardiás
Rede galega de teatros e auditorios

As Gardiás, ou o dereito para decidir como xestionar nosa propia vellez.

O humilde piso de Rosa, nun vello edificio no corazón dun barrio popular dunha vila obreira, é o refuxio acolledor dunha tribo de catro mulleres maiores organizadas. Rosa (que se topa nunha cadeira de rodas) e as súas compañeiras, Ana, Marga e Susana, son operarias xubiladas da industria téxtil, e están decididas a preservar a súa independencia. Cando a filla de Rosa, Vitoria, propón trasladala a unha institución médica e vender o apartamento, comeza unha loita entre dúas visións do ben envellecer. Enfrontadas ás decisións de Vitoria, as vellas mulleres defenden o seu dereito para vivir xuntas e en liberdade e articulan unha serie de estratexias para convencer a Vitoria  de que a súa é a postura mellor.