Share
04/06/2025 - 20:30h | Salón Teatro | Santiago de Compostela

Galicia Escena PRO: Transeúnte

  • Daniel Rodríguez

Galicia Escena PRO: Transeúnte
Galicia Escena PRO

Traseúnte é un espectáculo de catro bailaríns e dous músicos en directo, onde brilla o diálogo entre música, canto e baile tradicional coa danza contemporánea. Unha visión nova e fresca da simbiose entre tradición e contemporaneidade.

Transeúnte pon o foco na dualidade entre o permanente e o transitorio nos corpos da nosa xeración, atravesados polo folclore e a tradición, integrando influencias do noso contexto actual.

Transeúnte reflexiona e potencia a relación das novas xeracións coa tradición neste mundo tecnolóxico e globalizado onde aínda habitan os nosos instintos. Unha viaxe que honra o pasado, vive o presente e busca e abraza o futuro.

Espectáculo coproducido polo Centro Coreográfico Galego

Co patrocinio do Concello do Porriño e a colaboración do Centro Coreográfico Canal de Madrid e A Casa Vella de Allariz

 

Dirección e coreografía: Daniel Rodríguez

Intérpretes: Javier De La Asunción, Laura García, Andrea Pérez, Daniel Rodríguez, Artur Puga, Aida Tarrío

Música en directo: Aida Tarrío, Artur Puga

Acompañamento artístico: Arnau Pérez

Produción musical: Javier Carreño, Acacia Ojea, Berto

Iluminación: Mauricio Pérez Fayos

Son: Alfonso Esky

Vestiario: Sheila Pérez

Texto: Sara Faro

 

TODOS OS PÚBLICOS

DANZA

50 MINUTOS

 

Galicia Escena PRO é o mercado profesional das artes escénicas galegas, organizado pola Xunta de Galicia e a asociación Escena Galega en Santiago de Compostela do 2 ao 5 de xuño de 2025.

O público xeral pode acceder de balde aos espectáculos programados, previa retirada de convites durante os días do evento no Museo das Peregrinacións e de Santiago (praza de Praterías s/n) en horario de 9,00 a 14,00 e de 16,00 a 19,00.

Máis información