Galicia Escena PRO: Rogelio III. La fête
AsSircópatas

Rogelio III. La fête é a última entrega dunha triloxía, onde nos volvemos atopar con Rogelio, un entrañable personaxe de ficción.
Que pasaría se ninguén viñese ao teu aniversario? Se ninguén che cantase os parabéns para ti? Rogelio volve estar só e, desta vez, no seu día máis especial. Rogelio III. La fête é un espectáculo de risas para toda a familia no que o actor Dani Blanco dá continuidade á saga do pallaso Rogelio. Circo, clown, corda frouxa, malabares, música e, sobre todo, moito humor.
A peza é unha coprodución de AsSircópatas e a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Foi un dos espectáculos finalistas a mellor proposta para público familiar nos Premios María Casares 2025.
Autoría: Dani Blanco
Dirección: Natalia Outeiro “Pajarito”
Elenco: Dani Blanco
Escenografía: AsSircópatas
Son: María Dobronich
Vestiario: María Dobronich
Música: Zé Pumar
TODOS OS PÚBLICOS
CIRCO E CLOWN
50 MINUTOS
Galicia Escena PRO é o mercado profesional das artes escénicas galegas, organizado pola Xunta de Galicia e a asociación Escena Galega en Santiago de Compostela do 2 ao 5 de xuño de 2025.
O público xeral pode acceder de balde aos espectáculos programados, previa retirada de convites durante os días do evento no Museo das Peregrinacións e de Santiago (praza de Praterías s/n) en horario de 9,00 a 14,00 e de 16,00 a 19,00.