26/05/2026 - 18:30h
| Praza da Quintana
| Santiago de Compostela
Galicia Escena PRO: Quema
Cía. Jacob Gómez
Galicia Escena PRO
Quema é unha viaxe íntima a través do purgatorio, onde dúas almas anciás, Joel e Julia, se unen para revisitar o traxecto das súas vidas. Nesta viaxe de autoexploración, aventúranse a reconstruír momentos cruciais desde perspectivas alternativas, navegando por diversos espazos e dimensións da realidade. No medio desta viaxe, unha melodía resoa, levándoos de volta á súa xuventude, e ambos deciden bailala e explorala desde un ángulo que non consideraran antes, aceptando a caída e a vulnerabilidade.
TODOS OS PÚBLICOS
DANZA
14 MINUTOS
FICHA ARTÍSTICA
Autoría: Jacob Gómez Ruiz
Dirección: Jacob Gómez Ruiz
Elenco: Julia Sanz, Joel Mesa
Vestiario: Jacob Gómez
Música: Albert Galindo, Jacob Gómez, Massiel