Galicia Escena PRO: O proceso
Malasombra

En 1880, o bispo de Ourense denuncia a Curros Enríquez por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado. A partir destes feitos históricos, Cándido Pazó constrúe unha peza teatral que, en ton de sainete cómico protagonizado por unha galería de personaxes populares do Ourense de finais do XIX, aborda con frescura e desenfado, pero con rigor e reflexión, a cuestión do hoxe en día chamado lawfare, así como outros temas (a lingua, a cultura, a identidade...) que seguen vixentes na actualidade.
Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais
Autoría: Cándido Pazó
Dirección: Cándido Pazó
Elenco: Jouse García, Marcos Orsi, Paula Pier, Xoque Carbajal
Escenografía: Pablo Giráldez "O Pastor"
Iluminación: Alfonso Castro
Vestiario: Diego Valeiras
Música: Guillerme Fernández
ADULTO
TEATRO
75 MINUTOS
Galicia Escena PRO é o mercado profesional das artes escénicas galegas, organizado pola Xunta de Galicia e a asociación Escena Galega en Santiago de Compostela do 2 ao 5 de xuño de 2025.
O público xeral pode acceder de balde aos espectáculos programados, previa retirada de convites durante os días do evento no Museo das Peregrinacións e de Santiago (praza de Praterías s/n) en horario de 9,00 a 14,00 e de 16,00 a 19,00.