Share
28/03/2026 - 18:00h | Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil | Muros

Galerock & Magic

  • Espectáculo de maxia a cargo de Mago Teto

Galerock & Magic
Rede galega de teatros e auditorios

Como se podía continuar un espectáculo tan intenso, divertido e sorprendente como R&M? Non se pode. Só podemos mellorar isto dun xeito; facendo un novo volume coas nosas músicas, co rock e a música galegas que marcaron e marcan as nosas vidas.

GALEROCK & MAGIC é un percorrido desde o rock do Xabarín Club que marcou unha xeración ata os grupos musicais actuais que están poñendo de novo a música galega no máis alto. Desde o rock galego dos 90 e dos 2mil ligados ao bravú ou a grupos tan importantes a nivel global como Siniestro Total ou Los Suaves ata os grupos de moda do momento. 

Moita música en directo, pero tamén moito humor e moita maxia nun espectáculo nostálxico para uns, divulgador para outros e fascinante para todas.

Un espectáculo cheo de chiscadelas e abraios que dignifica e pon en valor a nosa historia musical coa ilusión como vehículo transmisor.

 

Ficha artística

Autor: Héctor Guerra

Dirección: Fran Rei

Escenografía: Héctor Guerra

Deseño son e música: Ramón Orencio

Deseño iluminación: Jaqvier Adán Ayude 'Beca'

Elenco artístico: Mago Teto, Ramón Orencio e Fernando Risco