Share
28/10/2023 - 20:30h | Salón Teatro | Santiago de Compostela

Gala de finalistas do Premio Narf

  • Coas actuacións das finalistas Lucía Aldao, Satélite Salitre e Måi, ademais de Fillas de Cassandra e Espiño

Gala Premio Narf

Presentada por Luis Pardo, a gala final do XV Concurso Fran Pérez "Narf" ofrecerá os directos das tres propostas finalistas: Lucía Aldao, Satélite Salitre e Måi, con Fillas de Cassandra como banda convidada e a actuación especial de Espiño.

Lucía Aldao
Emoción e sorna, revisión e identidade, amizade e crítica son o fío condutor do segundo EP que publica unha cantautora da que o xurado destacou “a súa personalidade artística desbordante na que conflúe un universo propio musical cheo de intencións”.

Satélite Salitre
Banda liderada polo compostelán Pilo Sierra, en colaboración co cuarteto de cordas Suelen Estar Quartet, o baterista LAR Legido e Pablo Sanmamed. Deles o xurado destacou que é “unha proposta orixinal de sonoridades marcada por unha canción de autor de vangarda”.

MÅI
A alianza de Iseo Agilda con Tomás Ageitos deu como resultado o disco ‘Nigredo’, que eles mesmos definen como “pop boreal” pola conexión que ten co pop nórdico, combinado coa tímbrica e a rítmica da música tradicional galega. Deste proxecto o xurado salientou a “electrónica acústica boreal de gran profundidade paisaxística”.

 

Organiza: Deputación Provincial da Coruña

Colabora: Centro Dramático Galego. Xunta de Galicia