Share
22/08/2025 - 12:00h | CPI Pío Cabanillas | Dozón

Frida

  • Espectáculo de teatro a cargo de A Cova das letras

Frida
Cultura no Camiño

FRIDA é unha peza dirixida ao público familiar onde a través do corpo en movemento, títeres e obxectos poñemos en valor o poder transformador da arte. Reconstruímos cadros vivintes a través da danza e movemento de obxectos, onde a música xoga un papel fundamental. Trátase dun espectáculo poético, colorido e con moita, moita vida. Anxo García é o encargado de deseñar os títeres e seleccionar os obxectos que aparecen na obra. Frida era unha gran contadora de historias e botaba man dun pequeno teatriño de títeres para representalas. Contaremos con títeres tradicionais e con obxectos. Olga Cameselle é a encargada de coreografar as danzas e movementos que nos levan á recreación dos cadros. A música está a cargo do compositor Manuel Paino.