Share
20/11/2022 - 00:30h | Sala La Room | Ferrol

Fransy Davide Cibrán en Concerto

Fransy Davide Cibrán en Concerto
Rede galega de música ao vivo

Fransy González (percusión e voz), Davide Salvado (percusión e voz) e Cibrán Seixo (violín e mug) son tres coñecidos músicos de ampla traxectoria no panorama musical galego e internacional.

Da unión destas tres carreiras artísticas individuais xorde esta nova proposta musical e escénica, partindo dun repertorio de música tradicional pura como os intérpretes aprendenderon nas aldeas.

Fransy e Davide son dúas das principais voces do panorama musical galego, con actuacións tamén noutros países ao longo das últimas décadas. Cibrán achega ao conxunto a melodía do violín, nunha unión de instrumentos totalmente compacta. Voz, pandeireta e pandeiro son os ingredientes principais desta idea conxunta, cunha nova sonoridade na que mostran cancións de sempre sen perder, cada un deles, o seu estilo persoal.

A combinación de voces, a forza da percusión e a pegada do violín fan deste trío de músicos unha proposta de vangarda.