09/08/2026 - 19:00h
| Carballeira de Caldas de Reis
| Caldas de Reis
A forza da queimada
Un espectáculo a cargo de Especialistas Hípica Celta
Cultura no Camiño
Unha mostra da nosa terra galega coa actuación do actor BRUXO e da súa meiga, que invocarán aos Deuses Celtas a través de lume, música e a forza escénica, onde se mestura a tradicional queimada coas novas tendencias escénicas. Conservando en todo momento a exaltación da nosa terra galega a través dos bruxos e bruxas, da Santa Compaña e da Queimada. Os actores interactúan co público facéndoo partícipe do espectáculo.
FICHA ARTÍSTICA
Autoría dirección e escenografía: Especialistas Hípica Celta
Deseño sonoro e iluminación: Isgal de Eventos
Vestiario, música e coreografía: Especialistas Hípica Celta
Elenco artístico: Bruxo e Meiga