As formas do amor
Coprodución de Verdeveras Expresións Artísticas co Centro Dramático Galego

Ela e el foron parella.
Foron deses amores inesquecibles que marcan un antes e un despois na vida, porque todo póñeno patas para arriba, revísano, sacódeno, desmóntano e vólveno a armar.
Logo de tanto tempo separados, talvez hoxe sexa o día xusto para volver atoparse por primeira vez.
Unha historia para saír do teatro con bo sabor no corpo, con gusto, alegría e esperanza. Unha historia para falar e reflexionar sobre iso que chamamos amor.
Porque existen outros amores, necesitamos outras historias.
Despois de Crónica dunha heterosexual insatisfeita, María Angeles Iglesias presenta As formas do amor, unha coprodución de Verdeveras Expresións Artísticas e o Centro Dramático Galego; para rir e reflexionar sobre como nos relacionamos con ese sentimento tan marabilloso que é o amor.
Dirección: Gena Baamonde
Texto orixinal: María Angeles Iglesias
En escena: Sergio Zearreta e María Angeles Iglesias
Iluminación e espazo escénico: Octavio Mas
Deseño sonoro e música orixinal: Tato López
Coproduce: Centro Dramático Galego
Produción xeral: Verdeveras Expresións Artísticas