17/07/2026 - 20:30h
| Samede
| Paderne de Allariz
Flash
Un espectáculo de maxia de Dani García
Cultura no Camiño
Un fotógrafo ambulante de hai máis dun século, unha vella cámara de fol, maletas cheas de segredos e un oficio que hoxe soa case a maxia. Durante o que podería ser un día calquera de traballo, este personaxe tenta exercer a súa profesión: preparar a cámara, buscar a luz perfecta, ordenar os seus improvisados modelos e capturar instantes únicos. Pero os obxectos cobran vida, as imaxes rebélanse, o tempo estírase e dóbrase, e cada fotografía convértese nunha pequena aventura. O espectáculo desenvólvese como unha sucesión de escenas nas que a maxia, o humor e o teatro xestual se mesturan coa participación do público, especialmente das nenas e nenos, que pasan de ser espectadores a protagonistas.