Filloas
Un concerto a cargo de Filloas
Filloas é un artista da nova escena sonora galega, cuxa proposta musical fará que non poidas parar de bailar e moverte.
Os seus animados ritmos van acompañados de letras das que xorden reflexións persoais, tratando temáticas xeracionais, saúde mental, as relacións persoais e a festa.
O seu útlimo álbum, Súbete ao EVA (2025), conforma unha obra que captura o espírito dunha xeración conectada e creativa.
Actualmente, está a preparar o seu vindeiro EP, do que xa puidemos escoitar o adianto Google calendar, onde o novo son electrónico que o artista xa adiantaba en anteriores traballos, colle forma nun proxecto que promete non ter precedentes e marcar un punto de inflexión na súa traxectoria.
Filloas presenta unha declaración de intencións, destacando como un dos artistas emerxentes máis inquedos da escena galega.
Coa festa por bandeira nun verán marcado por concertos en festivais como O Son do Camiño, Festival Revenidas, Nachiños Fest... en directo atoparás autenticidade, diversión e risas.