21/06/2025 - 20:30h
| Fundación SGAE
| Santiago de Compostela
Festival Acento
Con Boyanka Kostova, Lua de Santana e 9Louro

A Fundación SGAE, por iniciativa do Consello Territorial da SGAE Galicia e coa colaboración da Xunta de Galicia, presenta a sexta edición do festival Acento. A programación procura ofrecer unha representación das sonoridades urbanas na escena musical galega: o dúo compostelán Boyanka Kostova, a brasileira-viguesa Lua de Santana e o rimador 9Louro, de Muros.
O evento, que conmemora o Día Internacional da Música, celébrase na terraza da SGAE con acceso libre
Horarios
20:30 horas. 9Louro
21:45 horas. Lua de Santana
23:00 horas. Boyanka Kostova