Feminíssimas
De Ste Xeito Producciones
Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven. Tres amigas que teñen 3 maneiras ben distintas de entender o “feminismo”… Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e postfeminismo. Esta é a base de Feminíssimas, unha peza con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres analizamos -dende a comedia- de que maneira as mulleres estamos a con-vivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas.
Unha maneira –tamén- de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incongruencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria.
Un espazo –ademáis- para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía.
En resumo: unha comedia negra… moi violeta.