Share
08/03/2024 - 21:30h | Centro Cultural Avenida | A Rúa

Feminíssimas

  • Novo espectáculo de De Ste Xeito Producións

Feminíssimas
Rede galega de teatros e auditorios

Elenco: Stephy Llaryora (Ruka), Esther F. Carrodeguas (Gabi) e Noelia Blanco (Bea).

Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven. Tres amigas que teñen tres maneiras ben distintas de entender o “feminismo”… Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e postfeminismo.

Esta é a base de Feminíssimas, unha peza con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres analizamos -dende a comedia- de que maneira as mulleres estamos a con-vivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas.

Unha maneira –tamén- de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incongurencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria.

Un espazo –ademáis- para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía.

En resumo: unha comedia negra… moi violeta.