Share
15/06/2023 - 22:30h | Auditorio Edificio Servicios Múltiples | Culleredo

Feminino plural. Homenaxe ás mulleres autoras.

  • Concerto de Silvia Penide e Carla López

Feminino plural. Homenaxe ás mulleres autoras.
Cultura no Camiño

FEMININOPLURAL somos Silvia Penide (voz)  e Carla López (voz e teclado). Este espectáculo xorde da necesidade de amosar o importante percorrido de diversas mulleres autoras no transcurso da historia da humanidade. Quixemos para elo trazar/construír un camiño cheo de historias tanto contadas como cantadas, onde se puidera reflectir en pequenas cápsulas musicais a pegada indelébel das autoras que conforman un inmenso e necesario patrimonio universal. Cunha ampla experiencia en diversos ámbitos do abanico musical, Silvia Penide e Carla López converxen, coa máxima ilusión, neste roteiro musical que supón unha magnífica oportunidade para xogar, explorar e aprender nun experimento enriquecedor.

O noso percorrido da comezo coa figura de Clara Schumann. Unha das súas fermosas pezas para piano da pé a 45' nos que imos da man de Violeta Parra, Guadi Galego e Consuelo Velázquez entre outras, contando anécdotas e dando paso incluso a unha pequena chiscada poética da man de Lucía Aldao e Baia Fernández. A nosa intención é dar visibilidade e relevancia absoluta á figura da muller autora, que moitas veces permaneceu nun segundo plano. Unha viaxe que anima a desfrutar, valorar e aplaudir as nosas autoras universais.