Share
12/08/2023 - 22:00h | Praza do Camiño | Portomarín

Fazulas e o ladrón de paraugas

  • Espectáculo de teatro a cargo de Bandullo Azul

Fazulas e o ladrón de paraugas
Cultura no Camiño

"Fazulas e o ladrón de paraugas" é o espectáculo baseado no exitoso libro "O ladrón de paraugas", de Xosé Lueiro, ilustrado por Sara Valcárcel (Editorial Galaxia), que xa vai pola terceira edición tras un ano desde a súa estrea. O espectáculo conta a viaxe iniciada por Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, na súa manía por saber de que cor é o vento. Para dar resposta a ese misterio, emprenderá unha fantástica aventura, collido da empuñadura dun paraugas. Unha peza baseada no libro do mesmo nome, que trata de sensibilizar ás nenas e nenos sobre temas como a violencia machista ou os conflictos bélicos. 

Xosé Lueiro na escrita e creación e Fran Campos poñen en marcha un ilusionante e fermoso espectáculo cunha importante base de lectores xa creada grazas ao éxito do libro.