Facendo o indio
Espectáculo de teatro infantil da compañía Galitoon
FACENDO O INDIO conta os costumes ancestrais, a forma de vida dos indios americanos e os coñecementos adquiridos tras xeneracións, desde a visión de :todo o que non deberías facer se es un indio americano.
Un repaso á cultura das tribus de indios americanos, na que a nosa tribu dos “pesgrandes”, intenta non extinguirse e loitar contra o seu peor inimigo: eles mesmos!
Galitoon recupera con FACENDO O INDIO, a súa particular visión do teatro de humor xestual, con esta divertida proposta chea de música, situacións absurdas, interacción directa co público, e por suposto, o seu característico selo dos monicreques e distintos performances nas propostas de teatro familiar.
Ficha artística
Autoría e dirección: Chisco Casteleiro
Escenografía e vestiario: Galitoon
Deseño son e iluminación: Javier Vega
Música: Tony Torres
Coreografía: Ana Conca
Elenco artístico: Jonatan García, Rubén Mira