Share
15/08/2026 - 19:30h | Praza do Camiño | Portomarín

Exeria

  • Concerto da banda de rock Exeria

Exeria
Cultura no Camiño

Formada por músicos xa rodados, e maiormente influenciados polo grunge e o rock dos noventa, Exeria únese pouco despois da pandemia, que obrigou a deter calquera iniciativa musical.

Unha nova andaina musical cargada de volume que, en 2022, empezou a tocar por Galicia e que despois da presentación do seu primeiro sinxelo, ‘Un novo nome’, incrementou a súa presenza nos escenarios.

Un grupo de recente formación, pero que conta nas súas filas con membros xa curtidos en distintas formacións como O Caimán do rio Tea, Cool Funeral, Circular ou Met. O seu estilo estaría nun punto común entre o grunge, o stoner, o rock dos 90 ́s, e mesmo o britpop, todo aderezado con letras en galego. As raíces son importantes para calquera proxecto, e a sensación de pertenza a un lugar e un tempo concretos determina unha mirada e unha maneira de crear as súas cancións, formando así o leito polo que discorre o seu discurso estilístico.