Eu, Fraude! | Paula Pier

Eu, Fraude! é un espectáculo que fala da posibilidade de agarrarse forte á vida e de berrarlle ao mundo coa voz do noso propio ser. Abro o corazón e as entrañas e deixo que asomes a cabeza pola ventaíña da miña alma. Recito, bailo, conto e canto as miñas dores, as miñas alegrías, as miñas luces e as miñas máis medorentas sombras. Hoxe estamos aquí para facerlle un cuanto á vida. Cancións e textos de composición propia que nos impulsan, en forma de viaxe emocional, a liberarnos das caretas autoimpostas pola sociedade que nos separan de nós mesmas e das demais. É, sen dúbida, unha historia de amor propio en forma de festa!
A partir de 12 ANOS
75 MINUTOS
Autoría e dirección: Paula Pier
Escenografía: Visualiza, Paula Pier
Iluminación: Laura Iturralde, As Dúas e Punto
Son: Lara Álvarez
Vestiario: Paloma Saavedra
Música: Paula Pier, Chus López, Sandra Pérez, María Velasco
Elenco: Paula Pier, Chus López, Sandra Pérez, María Velasco