Estremonías da silva
Espectáculo de teatro a cargo de LÎLÂ Teatro

A Silva é un arbusto espiñento e gabeador que ocupa terreos abandonados e forma valados que coidan con fervor as heredades.
Ó seu abeiro créase un hábitat moi singular e unha terra fértil ideal para o cultivo. Resulta paradóxico que unha planta que produce tanta aversión regale uns froitos tan exuberantes e deliciosos.. as Amoras.
..Cantos Amores prenderon nunha Silveira.. Lines de Silva non é portuguesa nin do Brasil. É de unha aldea que se chama Sobrado. Disque non se da ninguna importancia por iso. Tal é a súa dote para inventar historias que se gañou o alcume de“Curuxa dos inxenios”, en honor a Lope de Vega, creador de Silvas.
A Silva é unha estrofa poética precursora do verso libre. Tamén é unha escolma de escritos de temas diversos que aparentemente non gardan ninguna relación entre sí..
En Sobrado aconteceron sucesos estrafalarios. Moitos deles quedaron prendidos na raizame das silveiras agardando o momento de seren rescatados..
..As amoras están cheas de tinta..