Share
13/11/2026 - 21:00h | Auditorio da Casa da Cultura | Negreira

Esas cousas marabillosas

  • Espectáculo de teatro a cargo de Empatía Teatro

Esas cousas marabillosas
Rede galega de teatros e auditorios

Esas cousas marabillosas comeza cando o público vai entrando na sala e é recibido polo actor. Dálles a benvida, axúdaos a se acomodar, e dálles un papeliño que vai xogar no espectáculo. Cando empeza o espectáculo, o público xa leva un cacho dentro del sen sabelo e algúns cunha "cousa marabillosa" na man.

É unha peza participativa, tenra, emocionante e divertida. É unha comedia que fala sobre a saúde mental, a depresión e o suicidio. É unha obra que pode cambiarche a vida…e para ben.