03/12/2023 - 19:00h
| Auditorio Municipal da Xuventude
| Cambados
Entrega en man
Espectáculo de teatro a cargo de Contraproducións

Rede galega de teatros e auditorios
Na cotrosa habitación dun cutre hotel dunha pequena e anónima vila americana, un home maduro e excéntrico ofrece unha recompensa por recuperar a man que, nun acto de cruel e gratuíta violencia, lle cortaron 27 anos atrás e que, desde aquela, leva buscando sen descanso. Un xove negro e a súa fermosa e branca moza pretenden enganalo ofrecéndolle unha man que, loxicamente, non é a súa. O estraño recepcionista do hotel entremétese e pon en risco a insólita transacción. Unha comedia louca e denegrida na que, da man dun humor mordaz e corrosivo, zumega o tema do racismo, o machismo e a xenofobia.