Share
19/12/2025 - 19:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Encontro con Alfredo Ramos

  • Modera: Jara Yáñez.

Encontro con Alfredo Ramos
Territorios mutantes

O encontro con Alfredo Ramos, doutor en Ciencias Políticas pola UCM e autor do libro Perforar las masculinidades (Bellaterra Edicions, 2024), completa a dupla sesión do ciclo ‘Territorios mutantes’ cunha conversa que nos permitirá profundar sobre a súa proposta teórica ao redor das masculinidades contemporáneas, as súas fisuras e posibilidades de transformación. O diálogo servirá como punto de partida para reflexionar sobre como os modelos de xénero se constrúen, sosteñen e cuestionan. Tras a conversa, proxectarase a película La Danse des Renards (A Danza dos Raposos), do director belga Valéry Carnoy, que tamén indaga nas tensións e vulnerabilidades da masculinidade actual.