03/12/2024 - 19:00h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
Encontro: Carla Simón
cinema, xénero, rural
Close-up: Cine e perspectiva de xénero
A MEMORIA E O RELATO
Carla Simón, que arrincou a súa traxectoria con Verano 1993 (2017) e obtivo o Oso de Ouro do festival de Berlín coa súa segunda longametraxe, Alcarràs (2022), é a primeira cineasta española en obter un gran premio nun festival de clase A. Conversaremos con ela sobre este feito, mais tamén sobre a súa traxectoria, o seu estilo e os seus intereses temáticos, así como sobre asuntos que teñen que ver co feito de traballar, como muller, a partir da propia memoria.
Moderado pola comisaria do ciclo Jara Yáñez.
Proxección posterior de Alcarràs.