Share
15/10/2023 - 20:30h | Pazo da Cultura | Carballo

El traje

  • Espectáculo de teatro a cargo de Beginners 2021

El traje
Rede galega de teatros e auditorios

É o primeiro día de rebaixas nuns grandes almacéns da capital. A xente entrou en multitude e houbo un accidente. Nas entrañas do edificio, un vixiante de seguridade interroga a un home que veu comprar un traxe e que ao parecer tivo algo que ver cos feitos. Pero... Que sucedeu exactamente? Que persegue en realidade o vixiante coa súa entrevista?

Javier Gutiérrez e Luís Bermejo protagonizan este texto asinado e dirixido por Juan Cavestany (premio Max ao Mellor Autor en castelán por Urtain) que pretende cuestionar ao espectador, en ton de comedia negra, sobre o instinto de supervivencia voraz e individual fronte á posibilidade dunha supervivencia verdadeira.