Share
19/10/2024 - 18:00h | Capela da Madanela | Arzúa

El jardín de Olivia

  • Pájaros Pintados. Camiño Escena Norte 2024

El jardín de Olivia, de Pájaros Pintados Creación Teatral (NAV)
Camiño Escena Norte

É o primeiro día da primavera e Olivia volve ao xardín para velo nacer e a limpar os restos que deixou o inverno. Pero Olivia non está soa, neste xardín florecen os recordos cultivados xeración tras xeración polas mulleres da familia. Unha viaxe a través das ausencias e do paso do tempo, a través da despedida e do reencontro coa mascota da infancia, cos avós, cos pais e coas nosas raíces. Día tras día, ano tras ano e flor tras flor, sempre gardamos a esperanza dunha nova primavera.

Pájaros Pintados
Pájaros Pintados é unha compañía de creación escénica, colaboración e mediación artística que nace en 2022 da man de Victoria Musetti. Busca crear un espazo de colaboración entre mozos profesionais e outros de maior traxectoria para enriquecerse de experiencias diversas, interesados en traballar co público a través de proxectos innovadores e actividades de mediación.