Share
08/04/2025 - 20:30h ~ 09/04/2025 - 18:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

El hombre elefante

  • David Lynch, 1980

El hombre elefante
David Lynch

Tras a surrealista Cabeza borradora, Lynch adapta na súa segunda longa a biografía de Joseph Merrick, home con deformacións corporais moi acusadas que a finais do século XIX se viu obrigado a traballar no mundo da farándula ata que un benfeitor que o acolleu nos seus últimos anos de vida logrou que recibise tratamento e puidese dedicarse por un tempo breve á escritura. Película delicada e contida, é unha rara avis na filmografía do seu autor, habitualmente asociado a narrativas máis disruptivas e sensoriais. Gran papel de John Hurt como o “home elefante”.