Share
29/05/2025 - 20:30h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

El extranjero

  • Luchino Visconti, 1967

El extranjero
Centenario Marcello Mastroianni

Alxer, 1935. Meursault é un home discreto e apático, cunha vida plana e intranscendente. Ante a morte da súa nai permanece indiferente, sen mostrar ningunha emoción nin derramar unha soa bágoa. Pouco despois empeza unha relación sentimental con Marie, unha muller que en realidade non significa nada para el. E cando accede a axudar un veciño nun asunto relacionado cunha moza árabe, Meursault acaba matando, sen saber por que e a sangue frío, o irmán da rapariga. Meursault é arrestado e acusado de asasinato.