Share
17/11/2024 - 18:30h | Auditorio Municipal Gustavo Freire | Lugo

E entón, un xardín

  • Paporrubio

E entón, un xardín
Rede Galega de Teatros e Auditorios

‘E entón, un xardín’ é unha peza para público familiar da compañía Paporrubio escrita e dirixida por María Peinado, co actor Luchi Iglesias e coa música en vivo de Carlos Quintá. Unha comedia colorista e vitalista asentada no teatro de marionetas, na plasticidade do teatro de obxectos e na poética da imaxe.

Neste espectáculo o xardín convértese nun lugar de celebración e reivindicación. Os vexetais e animais son os protagonistas dunha historia estrafalaria na que a natureza esperta e reivinica os seus dereitos. Unha comedia disparatada ao servizo da imaxinación para espertar valores como a empatía, a responsabilidade e o respecto: a necesidade dun latir común co mundo natural.