28/01/2024 - 17:30h
| Auditorio Municipal Hernán Naval
| Ribadeo
Ducan de palleiro
Espectáculo teatral infantil a cargo da compañía LÎLÂ TEATRO

Así é como transcorre un día na vida dun can, pero non dun can calquera. Trátase dun can moi especial que pertence a esa raza mítica, lendaria e con máis prestixio, a de Palleiro.
Este can é Duncan de Palleiro o príncipe das corredoiras.
Duncan leva unha vida sinxela ao carón do seu amo Aurelio e dos seus amigos, veciñas e rébanos de sempre, nunha vila pequeniña e fermosa no medio das montañas chamada Óubidos, da cal se sinte moi fachendoso.
Duncan ama profundamente aos nenos e ás nenas, e alí onde vai leva consigo unha grande sorpresa que non deixará a ninguén indiferente.
Amizade, Amor e Liberdade son as palabras que máis lle gustan a Duncan de Palleiro.