Share
24/09/2024 - 20:30h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Du côté de la côte + La Pointe Courte

  • francia, costa azul, drama, documental, ironía, fotografía

Du côté de la côte + La Pointe Courte
Universo Agnès Varda

Du côté de la côte. Diario persoal e filme de viaxes feito para a Oficina de Turismo francesa, unha estrutura libre permítelle a Varda abordar as cuestións e as paisaxes máis variadas, creando produtivas analoxías a través dun percorrido pola Costa Azul francesa.

La Pointe Courte. Logo de catro anos de relación, unha parella está a piques de separarse. Na aldea natal do home, unha vila de pescadores chamada La Pointe Courte, preto de Sète, reviven sentimentos e inquedanzas. A primeira longametraxe de Agnès Varda, montada por Alain Resnais e (auto)producida en réxime de cooperativa é un filme libre, cheo de autenticidade -curiosamente preNouvelle Vague- que contén pisadas de Rosselllini.