17/06/2026 - 18:00h
| Casa da cultura
| Ribadumia
Donas do lugar
Un espectáculo de narración oral a cargo de María da Pontragha
Cultura no Camiño
A través da historia de varias mulleres coñeceremos as pequenas revoltas que se deron nas súas vidas e que cambiaron o camiño das donas nas aldeas, e prepararon o camiño para o futuro, para nós. Historias duras e bonitas, cheas de humor e retranca que nos deixan con gana de seguir dando a batalla.