Share
07/07/2023 - 13:00h | Ponte Noalla | San Cibrao das Viñas

Don Gelati

  • Espectáculo de maxia a cargo de Dani García

Don Gelati
Cultura no Camiño

Un brillante día de sol chega á praza un vendedor de xelados co seu carriño-bici para endulzar os paladares e sacar un sorriso aos que alí viven. Pero este non será un día como outros... Don Gelati sufrirá todo tipo de imprevistos e infortunios co seu carriño e os seus xelados. O tempo apremia e ten que arranxalo antes de que o sol nos deixe sen frescos doces. "Don Gelati"  é un esoectáculo de maxia teatral que pola súa tematica resulta perfecto para representarse na rúa ademais dos teatros. O carro dos xelados leva integrado un potente equipo de son a batería , que lle da unha gran movilidade e posibilita  a súa reprersentación sen case necesidades técnicas.

Esta é unha obra de teatr xestual, onde un guión cheo de maxia leva a Don Gelati ó limite da súa imaxinación axudandose dos malabares , o clawn, o público e como non, o seu inxenio.