01/05/2023 - 00:30h
| Club Clavicémbalo
| Lugo
Diego Alonso 5tet en concerto
Concerto a cargo de Diego Alonso 5tet

Rede galega de música ao vivo
As composicións deste quinteto nacen da necesidade de expresión a través da música propia do líder da formación, Diego Alonso, habitual das escenas galegas e portuguesas. A meirande parte das obras son de creación xenuína do músico, alén de composicións doutros membros da banda. Partindo de diversas abordaxes rítmicas, tímbricas, texturais e estilísticas, foméntase a voz individual de cada un dos membros, situando así á banda no eido do jazz contemporáneo.