Share
03/10/2025 - 20:30h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Did You Wonder Who Fired the Gun?

  • Travis & Erin Wilkerson, 2017

Did You Wonder Who Fired the Gun?
Retrospectiva Travis Wilkerson

Alabama, 1946. S.E. Branch, o bisavó do cineasta, asasinou a Bill Spann, un home negro. O asasinato converteuse nunha lenda oculta da familia e, cando Wilkerson se propón desentrañar o misterio, atópase cun obstáculo tras outro: rexistros destruídos e todos negándose a falar. Acúsano de traer vergoña á familia, de remover vellos problemas que ninguén quere. As pantasmas son reais en Alabama. Esta non é a historia dun Salvador Branco. É a historia dun Pesadelo Branco.