Share
07/03/2026 - 20:30h | Auditorio Gabriel García Márquez | Oleiros

As desterradas

  • Un espectáculo de Producións Teatráis Excéntricas

As desterradas
Rede galega de teatros e auditorios

No século XVI, unha pequena comunidade de monxas á beira do Miño vese ameazada pola cobiza da xerarquía eclesiástica. Os señores da Igrexa, para rematar coa resistencia das freiras non dubidan en difamalas e ameazadas por todos os medios, dende o tribunal da Inquisición á violencia das mesnadas señoriais.

Carme Varela reconstrúe nun thriller conventual aqueles tempos de resistencia das comunidades de mulleres autosuficientes e poderosas. A vida parece continuar coas súas rutinas de rezos, bordados e melindres, mais a negra sombra da ameaza exterior abátese sobre o convento de Albeos.



A heroica resistencia daquelas freiras chega agora encarnada nun elenco que conforman Melania Cruz, Patricia Vázquez, Rebeca Montero, Rocío González, María Costas e Víctor Mosqueira, iluminadas por Laura Iturralde e dirixidas por Quico Cadaval.



Autoría: Carme Varela

Dirección: Quico Cadaval

Elenco: María Costas, Melania Cruz, Rocío González, Rebeca Montero, Patricia Vázquez e Víctor Mosqueira.

Espazo escénico: Laura Iturralde e Quico Cadaval

Espazo lumínico: Laura Iturralde

Deseño de vestiario: Celia Sineiro

Deseño espazo sonoro: Piti Sanz

Vídeo: Sonia García

Axudante de dirección: Mon Serodio

Deseño gráfico: Javier de la Rosa

Fotografía: Sabela Eiriz

Xefe de produción: Rubén G. Pedrero

 

Idade recomendada: a partir dos 13 anos