As desterradas
Producións Teatrais Excéntricas

No século XVI unha pequena comunidade de monxas á beira do Miño vese ameazada pola cobiza da xerarquía eclesiástica. Os señores da Igrexa, para rematar coa resistencia das freiras non dúbidan en difamalas e ameazalas por todos os medios, desde o tribunal da inquisición á violencia das mesnadas señoriais. A autora Carme Varela reconstrúe nun thriller conventual, co que acadou o Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, aqueles tempos de resistencia das comunidades de mulleres autosuficientes e poderosas. A vida parece continuar coas suas rutinas de rezos, bordados e melindres, mais a negra sombra da ameaza exterior se abate sobre o convento de Albeos.
A heroica resistencia daquelas freiras chega agora encarnada nun elenco luxoso (Melania Cruz, Patricia Vázquez, Rebeca Montero, Rocío González, María Costas e Víctor Mosqueira), iluminadas por Laura Iturralde e dirixidas por Quico Cadaval.