Share
29/10/2024 - 12:00h | Pazo da Cultura | Narón

DeseXo

  • Talía Teatro

DeseXo
Rede Galega de Teatros e Auditorios

Que é o que máis desexas nesta vida?

Queres fama? Diñeiro? Poder? Amor? Sexo?

Ata onde chegarías para conseguilo?

Amosarías detalles íntimos da túa vida?

Ensinarías o teu corpo por diñeiro?

Que farías para evitar que a túa parella te deixara?

E para conseguir seguidores?

deseXo é unha comedia na que seguiremos a varios personaxes a través das súas publicacións nas redes, vendo como van afrontando o seu día a día, as súas relacións, os seus desexos e os seus medos.

É unha obra sobre a pornografía, tanto a real como a social; unha reflexión cómica sobre un mundo que cada vez vai máis rápido, onde aprendemos nas redes, e onde todo, absolutamente todo, queda exposto.