Share
03/12/2022 - 22:30h | Sala Arca da Noé | Vilar de Santos

De não saber o que me espera - Homenaxe a Zeca Afonso

  • Concerto a cargo de Nacho · Faia · Lar

De não saber o que me espera - Homenaxe a Zeca Afonso
Rede galega de música ao vivo

Tres referentes da vangarda musical galega xúntanse neste proxecto para dar voz ao repertorio do Zeca Afonso. A especial mirada artística da cantante Faia Díaz sobre unha selecta escolla de temas do artista portugués cobra una dimensión contemporánea e transgresora xunto a experimentación electrónica e percusiva dos prestixiosos músicos Nacho Muñoz e Lar Legido .

Un diálogo musical transfronteirizo que vai mais alá do espazo-tempo, de grande beleza e sensibilidade e absoluta liberdade creadora.

Faia Díaz Novo, voz

Nacho Múñoz, electrónica e piano

LAR Legido, batería