10/08/2024 - 12:00h
| Praza Cabo da Vila
| Muxía
De festa en festa
Espectáculo de Música a cargo de Os Monifates

Cultura no Camiño
Un carromato, dous músicos ambulantes e os máis diversos monicreques danzantes. Os Monifates é un proxecto lúdico-didáctico estreitamente relacionado coa cultura galega, que pretende mostrar a rica e variada música e instrumentación que se conserva en Galicia, unido á recuperación dos chamados monicreques danzantes, hoxe case en desuso, integrando así baile, música e marionetas nun formato distinto e orixinal.
Os Monifates ofrecen neste espectáculo unha actuación chea de didáctica ao tempo que divertida, sexa cal sexa a idade do público, conseguindo así integrar música e baile tradicional con títeres nun mesmo formato de rúa, acústico e moi alegórico.