Share
01/02/2026 - 18:30h | Auditorio Reveriano Soutullo | Ponteareas

De algo hai que morrer!

  • Espectáculo a cargo de Malasombra Produccións

De algo hai que morrer!
Rede galega de teatros e auditorios

DE ALGO HAI QUE MORRER! é un repaso pola morte nun país como o noso, no que esta está sempre tan presente.

Está sobre valorada a vida? que pasaría se fosemos inmortais? Cando morremos? como morremos? Por que sempre morremos "de repente"?

Analizaremos as distintas mortes, por que hai quen morre de morte natural como Amy Winehouse, quen morre de accidente de tráfico como Carrero Blanco, quen morre de enfermidade como os habitantes de Hiroshima, mesmo hai xente impaciente que decide poñer fin á súa vida voluntariamente como Paquirri.

Tamén faremos un repaso por esas persoas que tanto axudan a dar ese gran paso definitivo como son os homicidas, os parricidas, os magnicidas, os infanticidas, os regicidas, os matricidas e sobre todo... os xenocidas

En fin, que faremos un exhaustivo repaso pola morte, polas súas diferentes manifestacións, polos posibles destinos... Saberemos se hai oficina de información no limbo ou se che venden o DVD da película da túa vida no mais alá.

Dous prestixiosos e peculiares científicos, o profesor Jeckill e o profesor Hyde, descubriranlle ao público os secretos máis profundos do transo máis importante das súas miserables vidas.