Share
23/11/2022 - 22:30h | Borriquita de Belém | Santiago de Compostela

David Lojo Quartet

  • David Lojo en concerto

David Lojo Quartet
Rede galega de música ao vivo

David Lojo Ces, trompetista de Jazz e compositor (Boiro, A Coruña, 1993), afincado na cidade de Rotterdam (Países Baixos) presenta o seu primeiro disco "ROAD TO BALANCE" da man de tres polifacéticos e virtuosos músicos da escena galega: Daniel Díaz (batería), Iago Mouriño (piano/sintetizador) e Pablo Pérez (contrabaixo).

Xuntos, estes catro músicos, cunha linguaxe en común, o Jazz, son capaces de transmitir ao seu público unha complexa amalgama de sensacións, empregando unha liña cercana ao jazz de vangarda que, ocasionalmente se chega a fusionar con diferentes estilos das músicas do mundo, pero nunca sen deixar de lado as raíces e a tradición do Jazz.

Nos seus concertos, dinámicos e enérxicos, a improvisación é unha parte fundamental na que cada un dos membros da banda atopa o seu espazo para impregnar coa súa propia esencia e personalidade cada unha das composicións, sendo estas últimas orixinais prácticamente na súa totalidade, o que nos da como resultado un directo único e irrepetible.