Share
23/09/2025 - 18:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Dar la cara

  • José Martínez Suárez, 1962

Dar la cara
Fulgores e fracturas do cinema moderno arxentino

A través de tres personaxes que se reintegran á vida cotiá tras rematar o servizo militar obrigatorio, Viñas e Martínez Suárez construíron unha complexa armazón social na que están representadas as tensións universitarias, a decadencia do cinema industrial e a venalidade do deporte profesional, ademais de boa parte da vida cotiá porteña da época. O filme sorprende pola precisión da súa forma e a súa estrutura, pero sorprende aínda máis a súa vixencia, tras corenta anos da súa realización. Hai unha cifra récord de realizadores (ou futuros realizadores) do cinema arxentino, tanto diante como detrás da cámara.