Share
18/07/2023 - 23:30h | Praza de Macías | Padrón

Danzamos no verán!!!

  • Espectáculo de música a cargo de A Banda do Verán

Danzamos no verán!!!
Cultura no Camiño

Xoán Curiel e A Banda do Verán presentan o seu traballo a trío.

O show é un formato a trío que nace do disco-libro Estamos no verán!!! editado por Galaxia que narra as aventuras duns rapaces que na época estival, atopan unha creativa maneira de pasar o tempo formando un grupo musical. 

Un espectáculo moi completo con danza, música en directo e elementos de teatro que se caracteriza por facilitar a participación constante do público e por contar cuns artistas de sobrada experiencia en proxectos infantís e xuvenís.

Voz, guitarra, ukelele, percusión e unha bailarina traen cancións moi divertidas e tamén entrañables; unha viaxe musical dende que soa derradeiro timbre do cole en xuño ata o primeiro de setembro.